“O obxectivo desta primeira proba é que coñezas qué compoñentes ten un vaper ou cigarro electrónico, xa que así será máis doado que desactives a súa distribución.
En xeral, todos os vapers teñen unha boquilla que serve para inhalar o aerosol que chega directamente aos pulmóns; un líquido que contén substancias prexudiciais para a saúde (unha delas é a nicotina, aínda que pode haber outras); e unha batería que permite ao dispositivo funcionar de forma autónoma, pero cuxo uso desbotable contamina o medio ambiente.
Se non conseguiches completar esta primeira proba, non te desanimes!
Os outros asistentes fixérono por ti, así que imos continuar explorando os seguintes retos.
Isto non fixo máis que empezar!”